Friday 17 de May de 2024

O Concello de Ribeira adxudica a construción dunha cantina e aseos para público no complexo da Fieiteira


O concello de Ribeira adxudicou a construción de dous novos aseos para o público e unha cantina exterior no complexo deportiva municipal A Fieiteira. O proxecto ten un presuposto de 83.490,00 euros e executarase nun prazo de 4 meses.

Na actualidade, como aseos para o público do campo de fútbol do complexo deportivo da Fieiteira utilízase unha caseta prefabricada provisional, “que non reúne as condicións adecuadas para o seu uso e resulta insuficiente para o público habitual dos eventos deportivos que se realizan nas instalacións.” explica o concelleiro de deportes Xabier Vidal.

O obxectivo deste novo proxecto consiste na dotación duns aseos masculino e feminino; e dunha cantina cuberta para o público. Para isto, executarase unha nova edificación aooeste da grada existente, ben aillada e cos medios para impedir a presenza de humidade e auga das precipitacións, así como adaptada para persoas con movilidade reducida.